Escoitamos e estudamos as túas necesidades para aconsellarte e orientarte de forma personalizada, coa finalidade de atopar a solución idónea para a túa biblioteca, arquivo, museo, fundación ou centro de documentación e información.

En DataLib apostamos principalmente polo software libre, caracterizado por ter unha importante disminución de custo para o cliente, un avance e unha evolución constante, e a adaptación específica aos requisitos do usuario final.

Ofertamos de seguido un catálogo de productos, todos eles software libre, para sacar o máximo rendemento ao teu centro. Solicítanos máis información sobre calquera destes productos no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Estas son algunhas das solucións software libre que empregamos:

 

koha Bibliotecas

Koha é un SIGB único por ser o primeiro de código fonte aberto. Bibliotecas de todo o mundo traballan e desenvolven o que probablemente sexa o mellor SIGB de código aberto que se pode atopar.

Web do proxecto Koha

 

 

ica-atom Arquivos

Dirixido polo ICA naceu co obxectivo principal de ofrecer un software libre para a descrición e a difusión dos fondos arquivísticos. Incopora os diferentes estándares de descrición: ISAD-G, ISAAR, ISDIAH,...

Web do proyecto ICA-AtoM

 

omeka Museos

Omeka é unha plataforma que permite a difusión das coleccións artísticas de museos, arquivos, bibliotecas, etc... Unha das principais características deste software libre é a gran flexibilidade que ofrece á hora de preparar exposicións virtuais.

Web do proxecto Omeka

 

resource-space Xestión de Recursos Dixitais

ResourceSpace é unha ferramenta que permite partillar recursos e posibilita aos teus usuarios que suban os seus propios contidos dixitais. Proporciona un acceso rápido e intuitivo a eses recursos a través dunhas ferramentas pensadas para organizar, partillar e distribuir.

Web do proxecto ResourceSpace

ojs Xestión de e-revistas

Open Journal Systemas deseñouse para facilitar o desenvolvemento de publicacións de acceso libre, ofrecendo unha infraestructura non só para a presentación online de artigos de revista, senón tamén do fluxo editorial.

Web do proxecto OJS

   

moodle E-learning

Moodle é o software libre de tipo LCMS máis empregado do mundo. A utilización de Moodle vai permitir aos profesores a xestión de cursos virtuais para os seus alumnos ou a utilización dun espazo en liña que soporte a educación presencial.

Web do proxecto Moodle

 

joomla Deseño web

Joomla é un Sistema de xestión de contidos que permite desenvolver sitios web dinámicos e interactivos. Actualmente miles de páxinas web de todo o mundo están desenvolvidas con Joomla.

Web do proyecto Joomla

   

outras-ferramentas Outras ferramentas

Wikis, publicacións dixitais, repositorios, entornos colaborativos, listas de distribución, microblogging, xestores de proxectos... Poñemos ao teu dispor un amplo abano de recursos empregando sempre a filosofía de software libre.

Pídenos máis información

server Servidores

Instalación, soporte, actualización, copias de seguridade... Para que só teñas que te preocupar de levar a túa biblioteca, arquivo ou museo. O soporte informático é cosa nosa.

Solicita orzamento

   

Utilizamos cookies propias y de terceros, analizando sus hábitos de navegación en la página web, con la finalidad de garantizar la calidad, seguridad y mejora de los servicios ofrecidos a través de la misma. En los casos en que el usuario no manifieste expresamente si acepta o no la instalación de las cookies, pero continúe utilizando la página web, se entenderá que éste ha dado su consentimiento, informándole expresamente de la posibilidad de bloquear o eliminar las cookies instaladas en su equipo mediante la configuración de las opciones del navegador. Puede obtener más información a este respecto consultando nuestra Política de cookies. Ver la Política de cookies