A equipa de DataLib Servizos Documentais formámolo unha equipa de arquiveiros, bibliotecarios, documentalistas, informáticos  e xestores culturais. Aínda que centrados en todo o que serían os procesos tradicionais de traballo, apaixónanos a aplicación das novas tecnoloxías en bibliotecas, arquivos e museos; por iso estudamos e analizamos todo o que podemos sobre esta materia. Cremos e apoiamos o Software Libre, pola súa calidade e polo seu continuo desenvolvemento. En primeira instancia, sempre aconsellamos aos nosos clientes o seu emprego. 

A nosa filosofía de traballo baséase en tres eixos básicos de actuación, coa finalidade de ofrecer e garantir os mellores resultados: Experiencia, Implicación e Actualización.

A nosa equipa conta con máis de dez anos de EXPERIENCIA no mundo bibliotecario, documental e arquivístico. Ao longo deste tempo desenvolvimos o noso traballo tanto no ámbito público como no privado.

Fomentamos a IMPLICACIÓN de toda a equipa, tanto interno como externo, nos proxectos a desenvolver.

Apostamos pola ACTUALIZACIÓN a través da formación contínua; apoiando e fomentando entre as nosas equipas cursos sobre as últimas tendencias e materias no noso eido.

Utilizamos cookies propias y de terceros, analizando sus hábitos de navegación en la página web, con la finalidad de garantizar la calidad, seguridad y mejora de los servicios ofrecidos a través de la misma. En los casos en que el usuario no manifieste expresamente si acepta o no la instalación de las cookies, pero continúe utilizando la página web, se entenderá que éste ha dado su consentimiento, informándole expresamente de la posibilidad de bloquear o eliminar las cookies instaladas en su equipo mediante la configuración de las opciones del navegador. Puede obtener más información a este respecto consultando nuestra Política de cookies. Ver la Política de cookies